Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)French (Fr)English (United Kingdom)

¿Quen é Irene Silva Xiráldez?

Email Print PDF

Nacín e vivo na aba da serra da Groba, en Belesar, unha parroquia do concello de Baiona, que abre polo sur a ría de Vigo.

Recoñezo que a fusión do monte e o mar galego marca a miña sensibilidade e o xeito de mirar o mundo: As miñas obras son a queicoiña que queda na peneira das mans da miña imaxinación cando as pecho para abranguer a realidade. O obxecto da miña atención é a forma do humano e a pegada que del se deriva. A forma como esencia, como resultado da memoria: o que nos queda, peneirado polas emocións e a imaxinación. Todo o que é alleo a min e me interesa trato de adaptalo na forma sen perder a esencia, dotándoo con atributos que me son propios.