Exposición Arrecendos do Mar en Atelier&arte

Atlántico atelier&arte: Un novo espazo para compartir a arte en Vigo que tiven a honra de inaugurar con algúns lenzos e gravados de meu. Grazas Jose Manuel Ucha Groba por contar comigo nos teus soños. Grazas aos que viñestes a acompañarnos, especialmente a Xosé Carlos López Bernárdez e Tino Canicoba por deixárense engaiolar e faceren de mestres de cerimonia.
Marisa Codon e Maria Rosa Covelo, que queredes que vos diga!